Alba Fernández Cotelo (A Coruña)

03/08/1987

bio_alba

– Creadora de danza e artes do movemento, bailarina e actriz.
– Socia e directora da área de movemento en Laboratorio Escénico S. Coop. Galega
– Co-directora e coreógrafa da compañía Laboratorio Escénico e Cía Exire.
– Profesora de danza contemporánea, Danza Urbana, e Laboratorio de Movemento.
– Intérprete na compañía Nova Galega de Danza.

Formada no Conservatorio de Danza da Deputación de A Coruña, posteriormente especialízase en Danza Contemporánea baixo a docencia de Armando Martén e Ana Beatriz Pérez. Completa a súa formación na Escola de Danza e Teatro Artestudio e en Laboratorio Escénico Coop, entre outras, cursando Teatro, Acrobacias Aéreas, Verticais, Danza Contemporánea e música. Continúa en constante formación da man de profesionais de proxección nacional e internacional, realizando formacións intensivas dende hai 18 anos con mestras/es como Lali Ayguadé, Los Innato, Chey Jurado, Kiko López, Diego Sinniger, Laura Aris e Jorge Jáuregui, La Macana, Victoria P. Miranda, Erick Jiménez, e un longo etc.
Ademáis, realizou varias formacións intensivas en clown e Teatro de Movemento. 

Formada en Danza Urbana en diferentes centros e convencións nacionais e internacionais, en Galicia, León, Madrid, Barcelona e Londres. Titulada como Mestra de Danzas Urbanas pola Urban Dance Factory de Barcelona (Hip hop School, Irene Pallarés), e titulada no método Hip Hop School, con matrícula de honra. Continúa en constante formación da man de profesionais de proxección nacional e internacional. 

Co-coreógrafa e bailarina, da Compañía de Danza Contemporánea e Urbana Exire, xunto con Estefanía Gómez, con 18 anos de traxectoria e 4 pezas de danza contemporánea actualmente en xira. As pezas nas que participa como codirectora, co-coreógrafa e intérprete son: “ON” (solo de danza contemporánea para rúa), “NEXOS” (dúo de Danza Contemporánea para rúa), “MÉDULA” (espectáculo de danza contemporánea de longo formato para teatros e espazos interiores, co-producción co Centro Coreográfico Galego).

Premio Sólodos en Danza Ourense 2017 co solo de Danza Contemporánea ON, galardonada co premio do público e xira en Costa Rica (a xira realizouse en Febreiro – Marzo de 2018). Premio á mellor coreografía no Certame Diálogos Contemporáneos de Cáceres en Decembro de 2019, coa peza NEXOS.

Seleccionada como finalista do certame “Open Your Mind” (Holanda), e “Certame Internacional Burgos & New York” coa peza NEXOS. Premio á Mellor Intérprete no Festival DZM de Cáceres (2020) co solo de danza “ON”.

Intérprete no elenco principal das pezas de Nova Galega de Danza: “Credo”, “Berro” e “Dique”.

Colabora en diferentes compañías como Pisando Ovos, Las Tricotouses, Elefante Elegante, etc.

Seleccionada como actriz protagonista en “Os Actos e As Profecías”, producción do Centro Dramático Galego 2023-24, no 40 Aniversario do CDG, estreada en Abril de 2024. Realizou 47 funcións desta obra no Salón Teatro de Santiago, con 7 funcións á semana entre Abril e Maio de 2024.

Traballou como mestra e coreógrafa en diferentes centros de danza, como a Escola Municipal de Danza de Oleiros, entre outros, ademáis de impartir diferentes obradoiros intensivos de danza urbana e contemporánea en Galiza, Extremadura e Costa Rica. Actualmente, é socia co-fundadora de Laboratorio Escénico S. Coop. Galega, coa que en Setembro de 2019 abriu un centro de Artes Escénicas na cidade de A Coruña. Alí desenvolve dende entón unha grande parte da súa labor artística e docente.

Co-directora da Compañía Laboratorio Escénico dende 2019. Directora e cocoreógrafa da peza CANELA, para 8 bailaríns. Intérprete na obra de teatro AS MAPOULAS, como actriz e bailarina (obra premiada co Premio Luísa Villalta 2021).

Directora, intérprete e coreógrafa das dúas versións (versión para 2 intérpretes de rúa e espazos non convencionais, e Versión Estendida: para teatros e auditorios, cunha bailarina/actriz e 4 músicos en directo) de BLUES DE MEDIANOITE, coas que continúa en xira.

Profesora de danza e directora das creacións da Aula de Danza da Universidade de A Coruña (Centro de Intervención Artística NORMAL, da Universidade de A Coruña), dende 2020 ata 2024.

Graduada en Filoloxía Inglesa.

Ligazón:

– Videobook Alba Fernández: https://vimeo.com/717328353
– Promo Blues de Medianoite – Versión Estendida:
https://vimeo.com/831544130?share=copy
– Promo Blues de Medianoite (Laboratorio Escénico):
https://vimeo.com/707309307/9ac3188960
– Promo Médula (Cía Exire): https://vimeo.com/396660330
– Promo Check-in (Cía Exire e N+1,dirixida por Goncalo Guerreiro):
https://vimeo.com/396660330
– Promo As Mapoulas 1 (Laboratorio Escénico):
https://vimeo.com/616311660
– Promo As Mapoulas 2 (Laboratorio Escénico):
https://vimeo.com/680022260
– Promo Nexos (Cía Exire): https://vimeo.com/396660330

Contacto

LABORATORIO ESCÉNICO COOP

Ir o contido