ESPECTÁCULO / Blues de Medianoite
DOSSIER DESCARGABLE / Blues de Medianoite
Espectáculo de danza, teatro e música para rúa e espazos non convencionais.
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.
Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o MEU blues.
Versión reducida, adaptable a todo tipo de espazos. É especialmente recomendable representalo de noite a rúa, coa iluminación que ofrece a compañía. Adéntranos nas imaxes que este xénero nos ofrece: o tren, o cruce de camiños, o clube, a noite…, pon en valor ás grandes damas do blues, con anécdotas das súas vidas e das súas carreiras, non sempre fáciles, exemplos de valor e amor pola música.
Ofrecemos diferentes opcións de programación expandida para combinar co espectáculo, obradoiros, coloquios, ou sesión de DJ “As Mulleres do Blues” (DJ Jas Processor).










