
ESPECTÁCULO / Monte
DOSSIER DESCARGABLE / DOSSIER MONTE 2025 Laboratorio Escénico
Espectáculo de danza contemporánea e teatro para rúa e espazos non convencionais.
Ó sol, no monte, a terra respira.
E vou creando o meu camiño.
Levas todo o monte adentro.
MONTE traballa pola posta en valor das historias en feminino de Cuba e Galiza, que están unidas ancestralmente, e arráiganse no respeto pola terra, pola natureza. Están intrínsecamente unidas polo fenómeno migratorio, e cheas de historias, que ben merecen ser contadas.
Desde a danza, a música e a palabra, atopamos unha muller que ben puido vivir a emigración de ida e volta. Unha muller forte e sabia, que coñece todos os segredos do MONTE e ven do mar. Coñece todas as herbas, todas as lendas e os beberaxes, e mantén unha forte conexión coa terra, cos tambores,
coa voz e coa clave. Quén é OWURO?


















