sobrenós

logoLaBEscenico_positivo

Un pouco máissobre nós

Laboratorio Escénico é unha compañía de artes escénicas creada ó abeiro da cooperativa Laboratoratorio Escénico S. Coop. Galega, que se caracteriza pola creación de espectáculos nos que a danza, o teatro e a música (entre outras artes) póñense ó servizo de temáticas sociais. As súas creacións teñen diferentes formatos para poder chegar a todos os espazos e a todos os públicos.
Foi creada no 2019 por Carmen Cotelo (directora de teatro, actriz e mestra de teatro) e Alba Fernández (creadora de danza, bailarina e mestra de danza urbana e contemporánea).
A cooperativa nace, ademáis de para crear a compañía, para abrir o Centro de Artes LABORATORIO ESCÉNICO COOP, que é un espazo de formación, creación, investigación e desenvolvemento das Artes Escénicas en A Coruña. O espazo conta con formación de calidade de danza, teatro e música para todas as idades e niveis, ademáis de funcionar como espazo para as/os profesionais das Artes Escénicas, sendo unha sede de creación e encontro multidisciplinar para todas e todos.
Destacan os Laboratorios de Teatro e Movemento, e os Laboratorios de Improvisación Interdisciplinar, como espazo onde abordamos libremente as artes, nun proceso de experimentación e investigación constante.
Actualmente, temos 3 espectáculos en xira:
– AS MAPOULAS
– BLUES DE MEDIANOITE
– BLUES DE MEDIANOITE – Versión Estendida

Levamos a cabo, ademais, diferentes proxectos culturais dentro e fóra do centro, e diferentes proxectos pedagóxicos e sociais no ámbito das Artes Escénicas.

Contacto

LABORATORIO ESCÉNICO COOP

Ir o contido